Ideoloxía ou nacionalismo?

A cuestión dos trade-off entre nacionalismo e ideoloxía que mencionaba na última entrada, me motivou para replicar as análises que fixo un amigo meu sobre Cataluña con datos galegos. A cuestión é a seguinte: cal das dúas dimensións pesa máis na decisión de voto? Dende os supostos do modelo espacial do voto (o modelo downsiano de toda a vida), a predicción nunha única dimensión é clara: votarei polo partido que considere que está máis preto de min. Con dous partidos, un localizado no 4 e outro localizado no 6, se eu me localizo no 3, o máis probable é que vote polo primeiro partido. So simple, so good.

Con dúas dimensións e tres partidos a predicción no está de todo clara e dependerá en boa medida do peso que o votante lle outorgue a cada dimensión. En términos prácticos a cuestión ven sendo doada: con dous partidos, un un chisco máis afastado na dimensión ideolóxica e outro na dimensión nacionalista, por cal optarei? Hai moitas alternativas de enfrontar a pregunta con datos de enquisa pero seguramente a máis doada é estimar un pequeno modelo que prediga a decisión de voto condicionada ás distancias subxectivas nas dúas dimensións entre un votante e cada un dos partidos.

Os resultados, repetindo o modelo para cada unha das provincias (cos datos das preelectorais das autonómicas do 2009 no CIS-2783), pode verse mellor que na táboa de coeficientes, neste gráfico. Nel aparece a probabilidade de votar por un determinado partido condicionado ó cuadrado da distancia en cada dunha das dimensións. En vermello, a distancia na dimensión nacionalista; en negro, na dimensión ideolóxica.

conditional

Que a probabilidade de votar por un partido decreza coa distancia en calquera das dimensións é tranquilizador (aínda que parcialmente conducido polos supostos dos modelos que estimei). O rechamante é o feito de que, salvando para Lugo, a distancia na dimensión nacionalista se penaliza moito máis rápido que na dimensión ideolóxica. Poñamos o caso de Ourense: a probabilidade de votar a un partido é máis ou menos independente da distancia ideolóxica, pero a medida que o partido se vai afastando de nós na escala nacionalista, a probabilidade de votar por el decrece de contado.

O modelo para toda Galicia en conxuto é moi semellante ó que aparece para A Coruña: os votantes están dispostos a grandes sacrificios na escala ideolóxica por pequenos incrementos na dimensión nacionalista. Os resultados son rechamantes cando se comparan co que acontece en Cataluña onde a relación entre as dimensións é exactamente a contraria: a distancia ideolóxica é máis castigada que a distancia nacionalista para o mesmo tipo de eleccións que analizo neste caso.

Chega o momento das preguntas. Por que acontece esto? Resulta agora que, contra todas as expectativas, o votante galego é moi inmóvil nunha dimensión, a nacionalista, na que se outorga a si mesmo valores medios relativamente moderados? Se o votante galego se declarase moi nacionalista nas enquisas políticas, podería ter sentido este resultado, pero dende logo non parece compatible co que sabemos sobre a súa identificación. Food for future thought.

2 respostas a Ideoloxía ou nacionalismo?

  1. Calidonia di:

    Acho que efectivamente o eixo do nacionalismo galego non é tal eixo en realidade, está moi difuminado e máis que un eixo de coordenadas o que existe é un pente duplo, unha malla como a das antenas de televisión de toda a vida. Para ir dunha posición a outra hai que pasar primeiro polo eixo ideolóxico principal. Na outra entrada o feito de que os votantes dos tres partidos principais estean espallados lonxitudinalmente ao longo do eixo nacionalismo galego é máis unha mostra do difuso que é o seu influxo máis que doutra cousa.

    Por outra banda teño para min que a medida que mellor funcionaría sería unha dicotómica Galiza-España antes que esta unidimensionalidade 1-10 ou moito-nada. Non está exenta de problemas pero penso que é esta medida é máis homologábel á de esquerda-dereita, con moita xente efectivamente posicionándose no punto medio pero precisamente por iso máis fiel á realidade: a febleza do eixo nacionalista.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.